14 de marzo de 2016

I'm so sorry..............

En primeiro lugar pedir disculpas pola demora desta última entrada. Despisteime completamente e as miñas compañeiras refrescáronme a memoria. 
Valoración final da materia...pois que dicir...antes de nada grazas por todo o apoio loxístico e psicolóxico nesta nova andanza destas 2 profesionais da docencia: Ana Fontenla e Mª Luz Valencia.
A continuación expoñerei os meus puntos a favor e en contra:

Puntos a favor!

  • Os consellos, metodoloxías e exemplos prácticos.
  • O entusiasmo e o amor por esta profesión.
  • A profesionalidade do traballo realizado.
  • O compromiso tanto docente como co alumnado.
  • A facilitación de material.
Como non botarlle flores a quen o merece? De verdade moitas GRAZAS.

Puntos en contra!
Despois desta completa lista, que queda por dicir? Pois que o tempo foi limitado para unha parte da materia que dada desta maneira nos foi moi útil. Espero que a dirección do máster teña sempre en conta ás voces da experiencia e as invite para instruir aos futuros docentes nesta nova senda profesional.

Despois de dar clases particulares a rapaces da ESO e ver que se seguían a usar os mesmos métodos nefastos, crin que era unha utopía iso que se nos ensinaba no máster. Con Luz e Ana dinme de conta de que si existe a utopía, que un pode ser bo docente e que unha metodoloxía fóra do "fill in the gaps" é posible. 
Pouco máis que dicir, deixo unha foto final que representa para min a recompensa docente máis reconfortante que tiven. A imaxe fala por si soa, esta xunto a 15 debuxos máis fan parte do meu cuarto. É a recompensa que me enviaron os alumnos de primaria desde o outro lado do océano. 

Ata a próxima!